Novas/Accións

Campamento Dixital Nadal

Despois do éxito da primeira edición que fixemos o pasado curso académico, voltamos a apostar por este tipo de formación entre os alumnos/as do noso cole. Desta vez buscamos facilitar a concilicación familiar.

 

Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado con fondos Next Generation da Unión Europea. O seu obxectivo é formar nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión dixital.

 

Esta formación levarase a cabo os días 22 e 23 de decembro para facilitar a conciliación das familias durante o periodo vacacional de nadal. Precisamos un número mínimo de inscritos para que nolo concedan e está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 9-11 anos. Levarase a cabo na Casa da Xuventude o luns 22 e o martes 23 de 9:00hs a 14:00hs.

 

Importante ter en conta que os/as neno/as que realizaron o campamento dixital o curso pasado non poderán acudir a este edición. 

Para asistir debes cubrir o seguinte formulario. Data límite de inscrición venres 5 de decembro. Pecharemos o formulario antes no caso de completar aforo.

https://docs.google.com/forms/d/16YWLlimUjQsKyIeI13Qq07RKEDrHdnPlTyn9R2UyXmw/preview

 Este Campamento, financiado polo Ministerio, está aberto a tódolos alumnos do CEIP, pero con prioridade irán os/as nenos/as socios da ANPA. Sempre que queden prazas libres, poderá acceder o resto do alumnado por rigurosa orde de inscrición.

Recollida de Xoguetes

Durante estas vindeiras semanas imos participar na Recollida de Xoguetes que organiza a FANPA  (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra) a cal pertencemos.


O obxetivo desta iniciativa é promover valores de solidariedade, sustentabilidade e colaboración dentro da nosa comunidade educativa, ofrecendo unha nova oportunidade de uso a aqueles xoguetes que se atopen en bo estado e que xa non se empreguen. Repartiranse entre asociacións sen ánimo de lucro vinculadas á infancia e doaranse ás familias con menos recursos.
Por este motivo, solicitamos a colaboración de todas as familias para a doazón de xoguetes en condicións axeitadas. 

 

O proceso de recollida será dende o 17 de Novembro ata o 12 de Decembro  no entrechan da Casa da Xuventude (Biblioteca municipal de Silleda), no horario da biblioteca:

Lunes a Viernes de 8:00h a 19:30h

Sábado de 11:00h a 13:00h


Agradecemos de antemán a súa participación e compromiso con esta proposta, que pretende contribuír ao benestar e á ilusión dos máis pequenos/as.

Campamento Dixital 1ª Edición

 

Este proxecto está enmarcado dentro do Programa CODI do Ministerio de Juventud e Infancia. Combina 30 horas de formación presencial e online con contidos adaptados a cada Idade. Céntrase en garantir a inclusión dixital en base a adquisición de competencias dixitais básicas para nenos e nenas de entre 9 a 13 anos.

Abordaranse temas como a búsqueda de información en internet, creación de contidos, seguridade e privacidade, benestar dixital, pensamento crítico e desinformación na rede, prevención do ciberacoso... etc.

No Campamento Dixital deberán ir completando etapas e misións para conseguir logros. En cada aventura irán adquirindo novas competencias dixitais para empregar internet de forma segura e responsable.

✨ Impartirase os XOVES e os VENRES de 15:00hs a 17:00hs no CEIP dende o 23 de xaneiro ata o 13 de marzo.

✨ Temos grupo pero aínda quedan plazas.

✨ Gratuito e aberto a todo o alumnado sexa socio ou non

✨ Imparte: Fundación Cibervoluntarios

Servizo "Madruga no cole"

Dende a ANPA RAPARIGOS estamos moi contentos de poder achegarvos hoxe estas novas.

 

Creemos que a conciliación é moi importante para todxs e loitamos por intentar ofrecer este servicio no cole a tódalas familias.

 

O Concello de Silleda, a través das Consellerías de Educación e Igualdade traballaou para poder arrancar este plan sempre que se consiga o número de usuarios preciso.

 

👉 Deberá haber un número mínimo de 20 alumnos en cada centro (Silleda e Bandeira).

 

👉 O servizo dará comezo as 07:50hs, con opción de almorzar no propio colexio cun pequeno custo adicional ou levando cada nenx o seu propio almorzo.

 

👉 O prezo do servicio é de 30€/mes por alumno e 0,50€/día polo almorzo.

 

👉 A inscrición debe realizarse no Rexistro Municipal de 9:00h a 14:00h ou a través da Sede Electrónica do Concello ata o 14 de outubro.

 

👉 Para máis información podedes chamar o seguinte teléfono: 

 

☎️986 59 20 37

 

Aquí tedes a ficha de inscrición para poder descargala!

 

FICHA INSCRICION
PDF – 48,3 KB 219 descargas
Valoración: 5 estrellas
2 votos

Crea tu propia página web con Webador