Celebracións

Taller -Desfile Domingo de Baldréus-

Este ano, ao igual que o ano pasado, dende a ANPA imos participar como colectivo no Carnaval de Silleda.

Para o desfile, gustaríanos contar con todos e todas os nenos e nenas socios que queiran disfrutar da festa acompañando aos Baldréus, ao Demo de Carboeiro e a Frei Lourenzo o vinderio 11 de febreiro no Domingo de Baldréus.

A temática será PEQUEBALDREUS. Para facer este disfraz imos precisar de máis de un día e posiblemente a colaboración da familia no caso de que non poidan asistir a todos os talleres propostos por motivos de horarios e outras actividades. É un disfraz laborioso, pero vai a quedar moi elaborado e fermoso.

Propoñemos inicialmente os seguintes días, non tendo que vir a todos eles:
MÉRCORES 24 pantalóns
VENRES 26 colares e vasoiras
VENRES 9 (Febreiro) sombreiros
Todos eles serán no Centro Social (ao lado do ambulatorio) a partir das 16:00hs

Como sempre é imprescindible cubrir o formulario para poder asistir.

Taller-Cabalgata de Reis-

 

👑 DESFILE CABALGATA DE REIS 👑

Dende as ANPAS do Concello (RAPARIGOS, BRINCADEIRA, MUSIQUIÑOS), Aupa Deza e o Concello de Silleda, queremos facer un desfile grupal na Cabalgata de Reis que terá lugar o 5 de xaneiro polas Rúas de Silleda.

A idea é que tódolos nenos do municipio que o desexen poidan participar lucindo un atuendo común.

Para os nenos e nenas do CEIP de Silleda, o taller de elaboración do disfraz será o vindeiro MARTES 26 pola tarde na Casa da Xuventude. Será imprescindible cubrir formulario de asistencia para poder levar a conta dos participantes e do material que precisamos. Está xa dispoñible na nosa web.

📣📣NOTA: os nenos e nenas que non van o CEIP e queiran participar, igualmente terán que inscribirse en dito formulario que atoparán na nosa web.

Para todos aqueles que quieran desfilar e non poidan asistir o taller poderán elaborar o disfraz que lle corresponda de forma individual unha vez contacten tamén con nós!

Colaboramos ANPA RAPARIGOS, ANPA BRINCADEIRA, ANPA MUSIQUIÑOS, AUPA DEZA E CONCELLO DE SILLEDA.

✨ Imos facer entre todos unha tarde de Reis inolvidable para os nosos/as peques!! ✨

Taller de Samaís 2023

Xa estamos ultimando os detalles para o taller de este ano.

Unha vez máis o Samaín chega aos nosos peques da man de tódalas familias que formamos a ANPA RAPARIGOS ✨

🧙 O vindeiro MÉRCORES día 1 agardamos por todos/as para pasar unha tarde chea de actividades e diversión.

🧙 Todos/as aqueles/as nenos/as que se animen poden vir disfrazados e por suposto os papás e as mamás que nos queiran acompañar tamén poden lucir o seu disfraz ou complemento.

🦇É IMPRESCINDIBLE INSCRIBIRSE NO FORMULARIO DO TALLER. EVENTO GRATUITO E SÓ PARA FAMILIAS SOCIAS 🦇

 

 

 

Teresmos música para animar a festa.

Sorteo entre todos/as os/as asistentes.

Optativo traer unha cabaza para decorar.

 

ANÍMATE A PASAR UNHA TARDE TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA!!

Festa fin de Curso 2022/23

Venres 16 de xuño de 16:00hs a 20:00hs no Recinto da Saleta, Siador.

OS MENORES DEBEN ESTAR ACOMPAÑADOS.

Haberá colchonotas acuáticas, festa da espuma, música, pintacaras...

Para asistir a esta festa teñen prioridade os SOCIOS. En caso de quedar plazas libres poderán entrar aqueles nenos non socios por orde de inscrición.

Gratuito para nenos/as socios

Non socios: deberán abonar a entrada por anticipado. O custo é de 5€

 

Poñeremos un posto de merenda no que se ofertan dúas pezas de fruta e unha botella de auga por 2€, prezo para socios e non socios. Se o prefires podes traer a túa propia merenda.

O prazo máximo para anotarse é o día 12 de xuño ou ata completar aforo se ocorre antes da data límite.

Taller de entroido

Dende a ANPA querémonos unir os diferentes colectivos e asociacións do pobo que queren manter viva a festa do entroido de Silleda.

A cita será o domingo 19 e adxuto tedes o cartel con toda a programación.

Os membros da directiva estaremos presentes durante toda a xornada e para poder recaudar algúns cartos para a asociciación ímonos ocupar da VENDA DE POSTRES TRADICIONAIS DE ENTROIDO durante a  "MERENCEA ENDEMOÑADA", a partir das 19:30hs

Precisamos algo de colaboración así que si estás interesad@ en axudarnos de cando en vez co posto rogamos nos respondas a este mail.

Si ademais podes achegarnos algún postre de maneira voluntaria para axudar coa recaudación estarímoasche moi agradecidos.

Por outra banda, qué sería do entroido sen os disfraces!! Queremos que os nosos nenos, e por susposto as familias enteiras que así o desexen poidan disfrutar deste domingo de troula paseando polas ruás cun DISFRAZ COMÚN DA ANPA RAPARIG@S acompañando OS BALDREUS E O DEMO DE CARBOEIRO a partir das 17:30hs.

A raiz da idea dos mandís pensamos que sería divertido darlle vida os murais do autor galego Yoseba MP. Este artista ten unha serie de obras en fachadas chamadas " Fenómenos do rural" onde mostra as avoas galegas como superheroínas. Seguro que todos vístedes a que está pintada en Santiago de Compostela, " A Popins de Sar". Esta é só un exemplo de toda esta obra.

Faremos un TALLER para levar a cabo os MANDÍS e as VASOIRAS coas que varrer os males da vila e escorrentar ao Demo durante o pasarrúas.

 

Taller de Nadal 2022

O vindeiro 30 de decembro celebraremos un obradoiro cos nosos nen@s.
Haberá manualidades, música, contos e moita, moita diversión.

Será pola tarde de 16:00hs a 19:00hs

Os nenos deberán vir coa sua merenda e a súa botelliña de auga.

A inscrición debe realizarse a través do formulario que atoparás na nosa web (ligazón na bio) ou que recibirás a través do correo electrónico.

O taller é de balde e só para socios.
Podes anotarte ata o luns 26!

Taller de Halloween. Samaín 2022

👻 O noso Samaín chega a Silleda da man de tódalas familias que formamos a ANPA RAPARIGOS 👻

🧙‍♀️ O vindeiro luns 31 (día non lectivo) de 9:00hs a 13:00hs celebraremos o Samaín no Pavillón Municipal César González Fares cunha mañá chea de actividades para os máis pequenos.

🧙‍♀️ Talleres de decoración, pintacaras, manualidades, obradoiro de picoteo terrorífico e moitas cousas máis estaranvos agardando.

🧙‍♀️ Todos aqueles nenos que se animen poden vir disfrazados. Os papás e mamás que queiran acompañarnos tamén poden lucir o seu disfraz. Pasarémolo en grande.

🦇 Reserva a túa praza ata o venres 28.  🦇

NON É NECESARIO O ACOMPAÑAMENTO DO NEN@ POR UN ADULTO.

¡O TALLER É GRATUITO E SÓ PARA SOCIOS!

Gran festa fin de curso 2021-2022

Anunciámosvos unha sorpresa: o venres 17 terá lugar unha festa fin de curso no CEIP Plurilingüe de Silleda.

PRAZO MÁXIMO PARA ANOTASE: 10 Xuño. AFORO LIMITADO

 

Disfrutaremos de:

* Hinchables acuáticos

* Festa da escuma

* Monitores

* Música

* Merenda saudable : froita + auga (2€)

 

PRECIO:  SOCIOS GRATIS

                 NON SOCIOS: 5€

 

Organiza: ANPA Raparig@s

Colabora: Concello de Silleda

Valoración: 5 estrellas
2 votos