Estatutos
ESTATUTOS “ASOCIACIÓN Raparig@s do C.E.I.P plurilingüe de Silleda ”
___________________________________________________________________
CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1. Denominación e natureza
Coa denominación de “ASOCIACIÓN Raparig@s do C.E.I.P plurilingüe de Silleda ”,
constitúese unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo da
Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e de acordo co
artigo 22 da Constitución e o artigo 5 da Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, reguladora do
dereito de educación e demais lexislación aplicable.
Art. 2 Personalidade e capacidade
A asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar,
podendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da
finalidade para a que foi creada, con suxeición ao establecido no ordenamento xurídico.
Artigo 3. Domicilio
Rúa da Estación, no 2, localidade Silleda, C.P. 36540, concello Silleda. Teléfono 698110983,
correo electrónico anparaparigos@gmail.com
Artigo 4. Ámbito de actuación
A asociación constitúese no Centro Docente: C.E.I.P plurilingüe de Silleda
polo que o seu ámbito territorial de actuación será a localidade de Silleda.
Artigo 5. Duración
A asociación constitúese por tempo indefinido e rexerase segundo os principios
democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
Artigo 6. Fins
1. Son fins principais da asociación:
a) Asistir aos pais ou titores en todo aquilo que atinxe á educación dos seus fillos,
fillas, pupilos ou pupilas.
b) Colaborar nas actividades educativas dos centros.
c) Promover a participación dos pais e nais dos alumnos ou alumnas na xestión do
centro
d) Asistir aos pais e nais de alumnos e alumnas no exercicio do seu dereito a
interviren no control e xestión dos centros sostidos con fondos públicos.
e) Facilitar a representación e a participación dos pais e nais de alumnos ou alumnas
nos Consellos Escolares dos centros públicos e concertados e noutros órganos
colexiados, se é o caso.
f) Calquera outras que, dentro da normativa vixente lle asignen os seus respectivos
estatutos.
2. Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:
a. Conferencias, cursos formativos e escolas de pais e nais sobre diversos
aspectos que axuden á integración dos pais no centro.
2
a) Actividades extraescolares e complementarias da actividade lectiva como
viaxes culturais, competicións deportivas , accións socio culturais...
b) Servicios que faciliten a conciliación familiar dos membros da comunidade
escolar.
c) Actividades formativas e culturais.
d) Promoción de reunións de colaboración entre os pais e nais e a
comunidade educativa.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó
cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras
persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
CAPÍTULO II
DAS PERSOAS ASOCIADAS
Artigo 7. Requisitos
1. Para adquirir a condición de persoa asociada requírese ser pai, nai, titor ou titora de
alumnos ou alumnas que cursen os seus estudos no centro docente e ter interese no
desenvolvemento dos fins da asociación.
2. As persoas físicas deben ser maiores de idade ou menores emancipados con capacidade
de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito.
Artigo 9. Perda da condición de persoa asociada
1. A condición de asociado ou asociada pérdese:
a) Por vontade propia, que se fará efectiva mediante presentación de renuncia, por
escrito ante a Xunta Directiva e dirixida a secretaría da asociación. A renuncia terá
efectos desde a data da súa presentación.
b) Por baixa dos fillos/as como alumnos do centro educativo.
c) Por falta de pagamento de __1____ cotas, que será efectiva desde a notificación do
acordo adoptado pola Xunta Directiva, ao interesado.
A persoa que perdese a súa condición de asociada polo suposto sinalado no
apartado anterior, poderá ser rehabilitada na súa condición de asociada, se no
prazo de seis meses desde a notificación abonase as cotas pendentes de pago.
d) Por incumprimento dos presentes estatutos ou dos acordos validamente adoptados
polos órganos da asociación, así como pola realización de accións que prexudiquen
gravemente os intereses da asociación.
e) Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2. A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo
anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia da persoa interesada. O
acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa
resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
Artigo 10. Dereitos
1. As persoas asociadas teñen os seguintes dereitos:
a) Participar nas actividades da asociación
b) Ser electoras e elixibles para os cargos dos órganos de goberno.
c) Participar nas Asembleas con voz e voto.
3
d) Recibir información da composición dos órganos de goberno e representación da
asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
e) Acceder á documentación da asociación a través dos órganos de representación.
f) Ser oídas con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra elas e ser
informadas dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo
que, no seu caso, impoña a sanción.
g) Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós
estatutos.
2. Non poderán exercer o dereito de sufraxio activo e pasivo as persoas asociadas que non
estean ao día no pagamento das cotas sociais.
Artigo 11. Obrigas
Son obrigas das persoas asociadas:
a) Cumprir os presentes estatutos e os acordos validamente adoptados polos
órganos de goberno e representación da asociación.
b) Pagar as cotas que de conformidade cos estatutos, se establezan.
c) Desempeñar as obrigas inherentes aos cargos para os que foron elixidas.
d) Asistir ás asembleas e demais actos organizados pola asociación.
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 12. Organización da asociación
Os órganos de goberno e representación da asociación son a Asemblea Xeral e a Xunta
Directiva, que adoptarán os seus acordos de conformidade co principio maioritario ou de
democracia interna.
Artigo 13. Asemblea Xeral
A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da asociación e está integrada por todas
as persoas asociadas.
Artigo 14. Reunións: clases e convocatoria
1. As reunións da Asemblea Xeral poden ser ordinarias ou extraordinarias.
A reunión ordinaria celebrarase como mínimo unha vez o ano dentro dos catro meses
seguintes ao peche do exercicio económico.
As reunións extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, cantas
veces o acorde a Xunta Directiva ou cando o soliciten por escrito o 10% das persoas
asociadas.
2. As convocatorias realizaranse por escrito sinalando o lugar, día e hora da reunión, así
como a orde do día. Entre a publicación ou notificación da convocatoria e a data da
celebración da asemblea en primeira convocatoria debe mediar como mínimo un prazo de
quince días naturais.
3. A documentación e información sobre as materias incluídas na orde do día, estará a
disposición das persoas asociadas na secretaría da asociación, cunha antelación mínima de
quince días naturais á celebración da Asemblea.
4
Artigo 15. Constitución e quórum de convocatoria
As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente
constituídas sempre que concorran un terzo das persoas asociadas presentes ou
representadas, na primeira convocatoria ou, transcorrida media hora, en segunda
convocatoria, con calquera número de asistentes con dereito a voto. En todo caso, terán que
estar presentes as persoas que ostentan a presidencia e a secretaría ou persoas que as
substitúan.
Artigo 16. Facultades da Asemblea Xeral ordinaria
Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:
a) Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
b) Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio, e o plan de
actividades.
c) Examinar e aprobar as cotas das persoas asociadas, a proposta da Xunta
Directiva.
d) Elixir e cesar as persoas integrantes da Xunta Directiva.
e) Aprobar a incorporación ou separación a unha federación.
f) Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación.
g) Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.
Artigo 18. Facultades da Asemblea Xeral extraordinaria
Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
a) Modificar os estatutos da asociación, incluído o cambio de domicilio.
b) Acordar a disolución da asociación e designar as persoas liquidadoras.
c) Acordar a transformación da asociación.
d) Acordar a fusión da asociación.
e) As que sendo competencia da Asemblea Xeral Ordinaria, por razóns de
urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatoria.
f) Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta
Directiva.
Artigo 16. Adopción de acordos
1. Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou
representadas, cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables a
estes efectos os votos nulos, en branco nin as abstencións.
2. Será necesaria a maioría absoluta dos votos emitidos, que resultará cando os votos
afirmativos superen a metade das persoas presentes ou representadas, para adoptar os
seguintes acordos:
a) Designación de membros da Xunta Directiva
b) Acordo para constituír federacións e para integrarse ou separarse delas
c) Disolución da asociación.
d) Modificación dos estatutos, incluído o cambio de domicilio social.
e) Disposición ou alleamento de bens.
f) Remuneración das persoas que integran os órganos de goberno e representación.
3. Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a todas as persoas
asociadas, incluso as non asistentes.
Artigo 19. A Xunta Directiva: Composición
5
1. A Xunta Directiva é o órgano de representación que xestiona e representa os intereses da
Asociación De acordo coas disposicións e directivas da Asemblea Xeral.
Estará formada por: Presidente/-a, Vicepresidente/-a, Secretario/-a, Tesoureiro/-a e Vogais,
designados pola Asemblea Xeral entre as persoas asociadas maiores de idade, en pleno
uso dos seus dereitos civís que non estean incursas en motivos de incompatibilidade
legalmente establecidos.
2. A duración do seu mandato será de __4__ anos, podendo ser obxecto de sucesivas
reeleccións.
3. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen
prexuízo do dereito ao reembolso dos gastos debidamente xustificados en que poidan
incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.
4. Os cargos da Xunta Directiva cesarán na súa función por:
a) Morte ou declaración de falecemento da persoa física ou extinción da persoa
xurídica
b) Incapacidade, inhabilitación ou incompatibilidade, de acordo co establecido no
ordenamento xurídico
c) Resolución xudicial.
d) Renuncia voluntaria.
e) Perda da condición de persoa asociada.
f) Incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas.
g) Transcurso do período do seu mandato. Neste caso e en tanto non se proceda á
elección da nova Xunta Directiva, aquela continuará en funcións ata a designación
dos novos membros.
5. De producirse vacantes na Xunta Directiva, estas serán desempeñadas provisoriamente
polos restantes membros, ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral.
Artigo 20. Reunións e acordos
1. A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de
calquera dos seus compoñentes.
2. Para estar validamente constituída deberán estar presentes, a metade máis un dos seus
membros e, en todo caso, o presidente e o secretario ou as persoas que os substitúan.
3. Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola
maioría de votos dos asistentes. Os empates serán dirimidos mediante voto de calidade do
Presidente.
Artigo 21. Facultades da Xunta Directiva
A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
a) Programar e dirixir as actividades asociativas
b) Levar a xestión administrativa e económica da asociación.
c) Executar os acordos da Asemblea.
d) Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos,
así como o estado de contas do ano anterior.
e) Convocar e fixar as datas das Asembleas.
f) Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para
as persoas asociadas.
g) Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo
funcionamento da asociación.
6
h) Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean
expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
i) Resolver as solicitudes de ingreso de asociados/as.
j) Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa
aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
k) Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.
Artigo 22. Obrigas documentais
A asociación disporá dos seguintes documentos, que estarán a disposición de todas as
persoas asociadas:
a) Unha relación actualizada de asociados e asociadas.
b) Documentación contable que permitan obter a imaxe fiel do patrimonio, do
resultado e da situación financeira da entidade, así como das actividades
realizadas. Tal contabilidade levarase de conformidade coa normativa específica
que resulte de aplicación.
c) Inventario dos seus bens.
d) Libro de actas das reunións dos seus órganos de goberno e representación.
Artigo 23. Presidente/a
A persoa que ostenta a presidencia terá as seguintes atribucións:
a) Representar legalmente á asociación perante calquera organismo público ou
privado.
b) Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral,
dirixir as deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade os casos de
empate de votos.
c) Ordenar a execución dos acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea
Xeral.
d) Ordenar os pagamentos acordados validamente.
e) Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto
coa persoa que ostenta a secretaría ou membro da Xunta Directiva a quen lle
corresponda a elaboración do documento de que se trate.
Artigo 24. Vicepresidente/a
A persoa que ostente a vicepresidencia realizará as funcións da presidencia nos casos de
ausencia ou enfermidade, podendo tamén actuar en representación da asociación nos
supostos en que así se acorde pola Xunta Directiva ou pola Asemblea Xeral.
Artigo 25. Secretario/a
1. A persoa que ostenta a secretaría terá as seguintes atribucións:
a) Tramitar as solicitudes de ingreso na asociación e formalizar as inscricións de altas
e baixas das persoas asociadas.
b) Dirixir as actividades sociais e a administración da asociación.
c) Formalizar as convocatorias de reunión por orde da presidencia e redactar as actas
correspondentes
d) Expedir certificacións dos acordos co visto e prace do presidente/a, así como emitir
informes.
e) Redactar o inventario de bens da asociación.
f) Custodia do arquivo de libros e documentos da asociación.
g) Cumprir coas demais obrigas documentais nos termos que legalmente
corresponda.
7
2. A persoa que ostenta a secretaría, nos casos de ausencia ou enfermidade, será
substituída por outro membro da Xunta Directiva designado pola persoa que ostenta a
Presidencia.
Artigo 26. Tesoureiro/a
1. A persoa que ostenta a tesourería terá as seguintes atribucións:
a) Recadar e custodiar os fondos pertencentes á asociación, custodialos e invertilos
na forma acordada pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral
b) Intervir coa súa sinatura todos os documentos de cobros e pagos co visto e
conforme da presidencia
c) Dar cumprimento ás ordes de pagamento que expida a persoa que ostenta a
presidencia.
d) Elaboración do anteproxecto de orzamentos para a súa aprobación
e) Levar os libros de contabilidade da asociación e elaborar as contas anuais para a
súa aprobación pola Asemblea
f) Calquera outras funcións propias de tesourería como a responsabilidade da xestión
económico financeira da asociación.
Artigo 27 Vogais
Os demais membros da Xunta Directiva, terán as obrigas propias do seu cargo, e
aqueloutras que lles sexan encomendadas, tales como realizar programas e estudos con
carácter xeral ou en áreas de actuación determinadas.
CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 28. Patrimonio inicial
A asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de
__244,40€____ euros. O peche do exercicio económico coincidirá co ano natural, e terá
lugar o día 31 de decembro de cada ano.
Artigo 29. Recursos económicos
A asociación manterase dos seguintes recursos:
a) As cotas periódicas das persoas asociadas.
b) As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas
pola Asemblea Xeral.
c) As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades
privadas ou particulares.
d) Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da
asociación.
e) Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non
lucrativas.
Artigo 30. Contas anuais
1. Anualmente, con referencia ao ultimo día do exercicio económico, elaboraranse as contas
anuais, expresivas da situación patrimonial e contable da asociación, así como unha
memoria das actividades realizadas. Esta documentación estará a disposición das persoas
asociadas, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a súa aprobación en
Asemblea.
8
2. A Xunta directiva levará os correspondentes libros de contabilidade, que permitan obter
unha imaxe fiel do patrimonio, o resultado e a situación financeira da asociación.
Artigo 31. Destino de ingresos a fins da asociación
Como entidade sen ánimo de lucro, os beneficios obtidos derivados do exercicio de
actividades económicas, incluídas as prestacións de servizos, destinaranse exclusivamente
ao cumprimento dos fins da asociación. En ningún caso, estes beneficios poderán ser
repartidos entre as persoas asociadas ou calquera outra persoa física ou xurídica con
interese lucrativo.
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 32. Regulamento de réxime interno
Por acordo da Asemblea Xeral pode aprobarse un regulamento de réxime interno, que
desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos.
O funcionamento interno da asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil.
CAPÍTULO VI
DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 32. Disolución
A asociación disolverase polas seguintes causas:
a) Por acordo adoptado por maioría cualificada en asemblea xeral
extraordinaria.
b) Polas causas que se determinan no art. 39 do Código Civil.
c) Por sentenza xudicial firme.
d) Polas causas que se determinen nos presentes estatutos.
Artigo 33. Liquidación
1. Acordada a disolución da asociación, ábrese o período de liquidación, ata o fin do cal a
entidade conservará a súa personalidade xurídica.
2. Os membros da xunta directiva no momento da disolución convértense en liquidadores,
salvo designación expresa de liquidadores pola asemblea xeral ou por autoridade
competente.
3. Corresponde aos liquidadores:
a. Velar pola integridade do patrimonio da asociación.
b. Concluír as operacións pendentes e efectuar as novas que sexan precisas para a
liquidación.
c. Cobrar os créditos da Asociación.
d. Liquidar o patrimonio e pagar os acredores.
e. Destinar o haber resultante da liquidación aos fins previstos no acordo de disolución
ou nos estatutos, que non desvirtúen a súa natureza non lucrativa
f. Solicitar a baixa da asociación e cancelación de asentos rexistrais.
9
4. Á solicitude de inscrición da disolución da asociación no rexistro acompañarase do
xustificante acreditativo do destino dos bens resultantes da liquidación.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos se aplicará a Lei Orgánica 1/2002,
do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e demais disposicións
complementarias.
En Silleda , a 26 setembro de 2020
Crea tu propia página web con Webador