EXTRAESCOLARES 2024-2025
Darán comezo o día 1 de outubro de 2024 seguindo o calendario escolar. Todas as actividades impartiranse no cole a excepción de Rugby que será no Campo de Fútbol Joselu Mato de Silleda e Ballet que será na Escola Municipal de Música.
No caso de precisar dous grupos por número de alumnos inscritos, o segundo grupo irá a continuación do primeiro o mesmo día sempre e cando sexa posible.
Inscricións abertas ata o 31 de outubro.
Actividades extraescolares propostas:
- Informática e mecanografía
- Pintura
- Teatro
- Rugby
- Inglés (exclusivo socios/as)
- Ioga
- Xestión das emocións
- Xadrez
- Ballet
- Psicomotricidade
- Lectura en inglés (exclusivo socios/as)
- Campamento dixital (30hs)
Está aberto o prazo para poder anotarse nas actividades extraescolares para o vindeiro curso 2024-2025, a través da páxina da ANPA (ligazón a través da páxina do CEIP) ou do formulario que atoparás máis abaixo.
Para acceder ao formulario de inscrición copia e pega esta ligazón no teu navegador:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfBQhalTUFaG08jZqBr1tTdOt2pX_zcmJYD-2id-JMCjTfd6w/viewform
Inglés
Con mestra nativa teremos clases de inglés no cole. Farense dous grupos en función das idades.
✨ Impartirase os LUNS e os XOVES de 15:00hs a 16:00hs no CEIP.
✨ A partir dos 3 anos.
✨ Prezo: 15€. Esta actividade é exclusiva para socios/as.
👩🏫 Mestra: Suzy
Informática e mecanografía
Este ano a oferta de informática ven acompañada dun complemento de mecanografía que as familias viñades pedindo os cursos anteriores.
Dispoñemos dun número limitado de ordenadores para realizar a actividade. Non podemos confirmar dispoñibilidade para todos/as ata pechar o grupo. Poderase traer o propio PC.
No cole haberá un moble no que poderán deixar de forma segura o portátil durante a mañá para os/as usuarios/as de comedor.
✍️ Impartirase tódolos LUNS de 15:00hs a 16:30hs no CEIP.
✍️ A idade mínima é de 7 anos. No caso de haber un mínimo de inscritos de 6 anos, estudiaríase a posibilidade de crear un grupo con contido adaptado.
✍️ Prezo: 20€ para socios/as e 25€ para nos socios/as.
👩💻 A mestra é Raquel de Techzone
Xadrez
O xadrez é un dos xogos máis antigos, ten un carácter intelectual e cultural, e combina elementos do deporte, o razoamento científico e a arte.
É un xogo de alcance mundial que promove a equidade, a inclusión e o respeto mutuo.
Aprender xadrez axuda aos alumnos a estructurar o pensamento, solucionar problemas, pensar, tomar decisións, concentrarse, reforzar a memoría visual, a percepción, saber planificar e a ser rigurosos e ordeados mentalmente.
✨ Impartirase tódolos MÉRCORES de 15:00hs a 16:00hs no CEIP.
✨ A partir dos 6 anos.
✨ Prezo 20€ socios/as e 25€ non socios/as.
✨ Imparte Gabriel
Psicomotricidade
A psicomotricidade é a técnica que axuda aos nenos e nenas a dominar os seus movementos corporais dunha forma sana, así como a mellorar a súa relación e comunicación cós demáis.
O principal beneficio que ten a psicomotricidade na etapa infantil é o fortalecemento da saúde física e mental do/a escolar.
✨ Impartirase tódolos LUNS de 15:00hs a 16:00hs no CEIP
✨ Idade: a partir dos 3 anos. Ideal para educación infantil
✨ Prezo: 20€ socios/as e 25€ non socios/as
✨ Imparte: empresa de actividades Sportskids
Rugby
Enfocarase como unha actividade deportiva introductoria ao rugby, evolucionando coa aprendizaxe dos/as nenos/as.
Non se require material, soamente roupa deportiva ou cómoda. A medida que se evolucione na aprendizaxe irase indicando as familias si é preciso facerse con algo máis.
Ofrécese a posibilidade de que os/as nenos/as acudan aos adestramentos do Clube en Lalín. Nese caso poderían participar nas concentracións mensuais que se celebran en distintos puntos de Galicia.
✍️ Impartirase tódolos LUNS de 16:00hs a 17:00hs no Campo de Fútbol Joselu Mato de Silleda.
✍️ Idade: a partir dos 3 anos.
✍️ Prezo: única cuota que se pagará ao iniciar a actividade ca cal estarán federados e dispondrán de seguro.
50€/neno/a para todo o curso escolar.
✍️ Imparte a actividade o Clube de Rugby Coreti de Lalín con Agustín Crespo como adestrador.
Ballet
Forma de danza na cal os seus movementos están baseados no control total e absoluto do corpo.
Debido a dificultade de esta disciplina recoméndase comezar a practicala a idades temperás. Coa práctica regular, fortalécense os músculos e desenrólanse cualidades como a flexibilidade, o equilibrio e a coordinación, ademáis de mellorar a postura.
✨ Impartirase tódolos MARTES de 16:00hs a 17:00hs na Escola de Música.
✨ A partir dos 3 anos.
✨ Prezo: 20€ socios/as e 25€ non socios/as
✨ Imparte: empresa de actividades Sportskids
Xestión das emocións
Creemos que é moi importante empatizar cos demáis pero tamén recoñecer os nosos sentimientos, saber como nos sentimos ou que sente o noso corpo cando estamos, contentos, tristes, enfadados...e como podemos chegar a xestionar todo o que vivimos.
Este pequeno espazo está pensando para ir a pasalo ben, exteriorizar, sentir, recoñecer...e todo traballando cos/as nenos/as nun grupo reducido no que cada un deles poida recibir a máxima atención.
✨ Impartirase tódolos MÉRCORES de 15:00hs a 15:45hs no CEIP. En función dos inscritos abriranse máis grupos.
✨ A partir dos 3 anos.
✨ Prezo: 20€ para socios/as e 25€ non socios/as.
✨ Imparte: Noemi Rilo
Pintura
Dun xeito lúdico e divertido os/as nenos/as mellorarán a técnica de expresión artística en diferentes formatos.
As clases irán encamiñadas a descubrir o espíritu artístico de cada alumno/a e a estimular o seu desenvolvemento creativo dun xeito personalizado e adaptándose aos diferentes niveis e necesidades dos/as rapaces e rapazas.
A pintura resulta unha actividade placenteira o que contribúe a unha boa saúde mental.
✨ Impartirase tódolos MÉRCORES de 15:00hs a 16:30hs no CEIP.
✨ Idade mínima: 6 anos.
✨ Prezo: 20€ para socios/as e 25€ para non socios/as.
👩🎨 Profe: Tania
Lectura de libros en inglés
Esta actividade brinda a oportunidade de acceder a lectura de libros en inglés, os cales non suelen formar parte da nosa biblioteca habitual.
Antes ou despois, os nenos e nenas terán que aprender un segundo idioma, e todos sabemos que ese idioma seguramente será inglés. Imaxina a de portas que se lle abrirán ó teu fillo/a tendo o coñecemento que lle pode aportar ler en inglés.
Algúns dos beneficios como divertirse, aprender, potenciar o desenrolo cognitivo, mellorar o rendemento académico, abrir portas culturais...podénno atopar nesta extraescolar.
✨ Impartirase tódolos MÉRCORES de 16:30hs a 16:50hs e os VENRES de 16:00hs a 16:20hs.
✨ A partir dos 6 anos.
✨ Esta actividade é GRATUITA e exclusiva para socios/as.
✨ Imparte: Mónica Fondevila.
Teatro
O teatro achéganos ao concepto de equipa ao mesmo tempo que nos axuda a crecer persoalmente. Esta actividade para os/as máis pequenos/as, contribúe a atopar unha maneira de expresarse no mundo que os rodea e dar vida ao seu mundo imaxinario a través do xogo.
Con este taller traballaremos para mellorar a intelixencia emocional e a empatía a través das dinámicas propostas.
Traballarase con grupos pequenos. Empregarase a educación teatral a través dos xogos, fomentarase a súa creatividade e o traballo en equipo.
✨ Impartirase tódolos XOVES de 15:00hs a 16:30hs no CEIP.
✨ A partir dos 3 anos. Farense grupos por Idade, o mesmo día a mesma hora en dúas aulas.
✨ Prezo 20€ socios/as 25€ non socios/as.
✨ Imparte a Compañía Teatral Amorod(i)o Teatro. Os mesmos do curso anterior e autores da obra de fin de curso "A Taberna encantada".
Campameto Dixital (30hs)
Este proxecto está enmarcado dentro do Programa CODI do Ministerio de Juventud e Infancia. Combina 30 horas de formación presencial e online con contidos adaptados a cada Idade. Céntrase en garantir a inclusión dixital en base a adquisición de competencias dixitais básicas para nenos e nenas de entre 9 a 13 anos.
Abordaranse temas como a búsqueda de información en internet, creación de contidos, seguridade e privacidade, benestar dixital, pensamento crítico e desinformación na rede, prevención do ciberacoso... etc.
No Campamento Dixital deberán ir completando etapas e misións para conseguir logros. En cada aventura irán adquirindo novas competencias dixitais para empregar internet de forma segura e responsable.
✨ Impartirase os XOVES e os VENRES de 15:00hs a 17:00hs no CEIP.
✨ Para levalo a cabo precisamos un mínimo de 15 alumnos/as de entre 9-13 anos.
✨ Gratuito e aberto a todo o alumnado
✨ Imparte: Fundación Cibervoluntarios
Ioga
Nun mundo cada vez máis acelerado e esixente, é esencial que os/as nenos/as teñan ferramentas para lidiar có estrés, desenvolver a súa mente e corpo de xeito equilibrado e cultivar unha boa saúde.
O IOGA infantil é unha adaptación do ioga tradicional deseñada específicamente para nenos/as. Trátase dunha práctica lúdica que combina posturas físicas, técnicas de respiración, relaxación e xogos có obxetivo de promover o benestar físico, mental e emocional.
✨ Impartirase tódolos VENRES de 15:00hs a 16:00hs no CEIP.
✨ A partir dos 3 anos.
✨ Prezo 20€ socios/as e 25€ non socios/as.
✨ Imparte a empresa de actividades Sportskids.
EXTRAESCOLARES 2023-24
Darán comezo o día 2 de outubro de 2023 seguindo o calendario escolar. Todas as actividades impartiranse no cole a excepción de Rugby que será no Campo de Fútbol Joselu Mato de Silleda.
No caso de precisar dous grupos por número de alumnos inscritos, o segundo grupo irá a continuación do primeiro o mesmo día sempre e cando sexa posible.
Inscricións abertas ata o 31 de outubro.
Actividades extraescolares propostas:
- Informática e mecanografía
- Pintura
- Teatro
- Rugby
- Inglés
- Pilates
- Xestión das emocións
- Lettering
Está aberto o prazo para poder anotarse nas actividades extraescolares para o vindeiro curso 2023-2024, a través da páxina da ANPA (ligazón a través da páxina do CEIP) ou do formulario que atoparás máis abaixo.
Para acceder ao formulario de inscrición copia e pega esta ligazón no teu navegador.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScsUlfKxlEaHL16b3wKMbtGaalSpzn3phhURMoq-46VbMU7pg/viewform
Inglés
Abrimos grupo a partir do 8 de novembro. Podes cubrir o formulario de extraescolares que atoparás na nosa web.
Debido a que non conseguimos arrancar antes con esta extraescolar, se estás interesado en acudir todavía te podes facer socio/a da ANPA durante o mes de novembro.
A actividade é EXCLUSIVA para as familias socias.
✍️ Impartirase tódolos MÉRCORES en horario de 16:00hs a 17:00hs na aula de música do CEIP.
✍️ Aberta para todas as idades
✍️ Prezo: 15€ exclusivo socios
✍️ Imparte Suzy, mestra nativa
Informática e mecanografía
Este ano a oferta de informática ven acompañada dun complemento de mecanografía que as familias viñades pedindo os cursos anteriores.
Dispoñemos dun número limitado de ordenadores para realizar a actividade. Non podemos confirmar dispoñibilidade para todos/as ata pechar o grupo. Poderase traer o propio PC.
No cole haberá un moble no que poderán deixar de forma segura o portátil durante a mañá para os/as usuarios/as de comedor.
✍️ Impartirase tódolos LUNS de 15:00hs a 16:30hs e este ano imos comenzar no CEIP ( anos anteriores era na Casa da Xuventude).
✍️ A idade mínima é de 7 anos. No caso de haber un mínimo de inscritos de 6 anos, estudiaríase a posibilidade de crear un grupo con contido adaptado.
✍️ Prezo: 20€ para socios/as e 25€ para nos socios/as.
👩💻 A mestra é Raquel de Techzone
Rugby
Enfocarase como unha actividade deportiva introductoria ao rugby, evolucionando coa aprendizaxe dos/as nenos/as.
Non se require material, soamente roupa deportiva ou cómoda. A medida que se evolucione na aprendizaxe irase indicando as familias si é preciso facerse con algo máis.
Ofrécese a posibilidade de que os/as nenos/as acudan aos adestramentos do Clube en Lalín. Nese caso poderían federarse e participar nas concentracións mensuais que se celebran en distintos puntos de Galicia.
✍️ Impartirase tódolos LUNS de 16:30hs a 17:30hs no Campo de Fútbol Joselu Mato de Silleda.
✍️ Idade: a partir dos 3 anos.
✍️ Prezo: 45€ de ficha e 15€/mes socios/as e 20€ non socios/as con seguro incluído.
✍️ Imparte a actividade o Clube de Rugby Coreti de Lalín con Agustín Crespo como adestrador.
Xestión das emocións
Unha das propostas de este novo curso a cal traemos con moita ilusión para os/as nenos/as é o taller de XESTIÓN DAS EMOCIÓNS.
Creemos que é moi importante empatizar cos demáis pero tamén recoñecer os nosos sentimientos, saber como nos sentimos ou que sente o noso corpo cando estamos, contentos, tristes, enfadados...e como podemos chegar a xestionar todo o que vivimos.
Este pequeno espazo está pensando para ir a pasalo ben, exteriorizar, sentir, recoñecer...e todo traballando cos/as nenos/as nun grupo reducido no que cada un deles poida recibir a máxima atención.
✍️ Impartirase en grupos repartidos nun día a acordar que poderá ser os MARTES de 18:00hs-19:00hs, os XOVES 16:30hs-17:30hs ou os VENRES de 17:30hs-18:30hs.
✍️ Idade mínima a determinar en función do número de inscritos.
✍️ Prezo 20€ para socios/as e 25€ para non socios/as.
🙋♀️ Imparte a actividade Noemi Rilo
Pilates
Pilates infantil é un método de adestramento co que a través de tarefas individuais ou grupais conséguese mellorar a flexibilidade, coordinación, equilibrio, forza...
Axuda a adquirir bos hábitos posturais, mellora a postura e a capacidade de relaxación.
✍️ Impartirase tódolos MÉRCORES de 15:00hs a 16:00hs no CEIP.
✍️ Idade: a partir de 5 anos.
✍️ Prezo: 20€ para socios/as e 25€ para non socios/as.
✍️ Imparte a actividade Heia Fisioterapia e Podoloxia.
Pintura
Dun xeito lúdico e divertido os/as nenos/as mellorarán a técnica de expresión artística en diferentes formatos.
As clases irán encamiñadas a descubrir o espíritu artístico de cada alumno/a e a estimular o seu desenvolvemento creativo dun xeito personalizado e adaptándose aos diferentes niveis e necesidades dos/as rapaces e rapazas.
A pintura resulta unha actividade placenteira o que contribúe a unha boa saúde mental.
✍️ Impartirase tódolos XOVES de 15:00hs a 16:30hs no CEIP.
✍️ Idade mínima : 6 anos.
✍️ Prezo: 20€ para socios/as e 25€ para non socios/as.
👩🎨 Imparte a actividade Tania, de Vacaloura Estudio Fotográfico 👩🎨
Teatro
O teatro achéganos ao concepto de equipa ao mesmo tempo que nos axuda a crecer persoalmente. Esta actividade para os/as máis pequenos/as, contribúe a atopar unha maneira de expresarse no mundo que os rodea e dar vida ao seu mundo imaxinario a través do xogo.
Con este taller traballaremos para mellorar a intelixencia emocional e a empatía a través das dinámicas propostas.
Traballarase con grupos pequenos. Empregarase a educación teatral a través dos xogos, fomentarase a súa creatividade e o traballo en equipo.
✍️ Impartirase tódolos VENRES de 15:00hs a 16:30hs no CEIP.
✍️ A partir dos 3 anos.
✍️ Prezo 20€ socios/as 25€ para non socios/as
🎭 Imparte a actividade Amorod(i)o Teatro.
Lettering
O lettering consiste nunha novedosa forma de debuxar letras a man sobre un papel de maneira artística e decorativa.
Esta actividade extraescolar pode ser unha excelente maneira de fomentar a creatividade e as habilidades de deseño dos estudantes dende idades moi temperás.
Os grupos serán reducidos para atender as necesidades específicas de cada alumno/a.
✍️ Impartirase tódolos VENRES de 16:30hs a 17:30hs no CEIP.
✍️ Idade mínima: 6 anos.
✍️ Prezo: 20€ para socios/as e 25€ para non socios/as.
👩🏫 Imparte a actividade Mencía.
EXTRAESCOLARES 2022-23
Darán comezo o día 3 de outubro de 2022 seguindo o calendario escolar. Todas as actividades comezan as 15:00hs e no caso de precisar dous grupos por número de alumnos inscritos, o segundo grupo irá a continuación do primeiro o mesmo día.
Como novidade, este ano contamos coa aula de música para realizar as actividades. Por este motivo só se aceptan nen@s do CEIP (sexan ou non socios da ANPA).
Inscricións abertas ata o 31 de outubro.
Actividades extraescolares propostas:
• Informática
• Pintura
• Teatro
• Lectura en Inglés
• Inglés
Está aberto o prazo para poder anotarse nas actividades extraescolares para o vindeiro curso 2022-2023, a través da páxina da ANPA (ligazón a través da páxina do CEIP) ou do formulario que atoparás máis abaixo.
Informática
Na oferta de actividades extraescolares ides a atopar a opción de informática para os vos@s cativ@s.
Impartirase tódolos LUNS de 15:00-16:30hs na Casa da Xuventude.
No caso de completar un primeiro grupo abrirase outro a continuación o mesmo día, luns de 16:30-18:00hs.
Os alumnos neste caso deberán cursar como mínimo 2° de primaria.
* No caso de haber un mínimo de inscritos de 1° de primaria estudiaríase a posibilidade de crear un grupo con contido adaptado para estes nen@s.
Dispoñemos de un número limitado de ordenadores para realizar a actividade. Non poderemos confirmar dispoñibilidade para todos ata pechar o grupo. Poderase traer no caso de que se desexe o propio PC se non se quere usar o do grupo.
O prezo da actividade é de 20€ para os socios e de 25€ para non socios.
Ábrese un segundo grupo os MÉRCORES DE 15:30-16:30hs na Casa da Xuventude. Duración de 1h polo que o prezo será de 15€ para socios e 20€ para non socios.
🙋♀️A mestra é Raquel de Techzone 🙋♀️
.
Pintura
Unha das actividades extraescolares proposta para este vindeiro curso é pintura.
Impartirase tódolos MARTES de 15:00-16:30hs na aula do propio colexio destinada as actividades extraescolares ( un logro acadado este pasado mes de xuño).
No caso de completar un primeiro grupo abrirase outro a continuación o mesmo día, martes de 16:30-18:00h.
A idade mínima é a partir dos 6 anos.
O material necesario terá que levalo cada nen@. A mestra facilitará un listado o comezo do curso.
O prezo da actividade é de 20€ para os socios e 25€ para non socios.
👩🎨 A mestra é Tania de Vacaloura 👩🎨
Teatro
Preparamos as palomitas para desfrutar da seguinte actividade extraescolar proposta, teatro.
Impartirase tódolos MÉRCORES de 15:00-16:30hs na aula do colexio destinada as actividades extraescolares.
No caso de completar un primeiro grupo abrirase outro a continuación o mesmo día, mércores de 16:30-18:00hs.
Para esta actividade a idade recomendada é a partir dos 6 anos. De todas formas os nen@s de educación infantil poderán solicitar praza e probar como se adaptan. É posíbel que nestes casos se precise colaboración dos pais nas primeiras clases.
Os nen@s deben asistir ás clases con roupa cómoda e auga. No caso de precisar algún material específico para algunha sesión avisarase con tempo suficiente.
O prezo da actividade é de 20€ para os socios e 25€ os non socios.
🙋♀️A mestra é Andrea Dunia 🙋♀️
Lectura en inglés
Como novidade este ano ofertamos esta actividade gratuita para os soci@s.
Impartirase tódolos XOVES de 15:00-15:30hs na aula do propio colexio destinada as actividades extraescolares.
No caso de completar un primeiro grupo abrirase outro a continuación o mesmo día, xoves de 15:30-16:00hs.
Esta actividade está aberta para todas as idades, poderán anotarse tódol@s nen@s a partir dos 3 anos.
Custo 0€ para os socios e 10€ non socios.
¡Prazas limitadas!
🙋♀️ A mestra é Mónica Fondevila 🙋♀️
Inglés
E aquí a última proposta que temos para os vosos cativ@s. A actividade extraescolar de inglés será toda unha experiencia na que os nen@s aprenderán o idioma a través dun método lúdico centrado en topics (escoller un tema por clase e centrar a docencia nese tema báscamente en inglés falado)
Impartirase tódolos VENRES de 15:00-16:00hs na aula do CEIP destinada as actividades extraescolares.
No caso de completar un primeiro grupo abrirase outro a continuación o mesmo día, venres de 16:00-17:00hs.
En función dos inscritos poderase abrir un grupo adaptado para os ne@s máis pequen@s.
O prezo da actividade é de 15€ para os socios e 20€ non socios.
🙋♀️ A mestra é Carlota Rey 🙋♀️
Crea tu propia página web con Webador